Un montón de castañas

Fotografía de arquivo dunhas castañas. EFE/Jesús de la Calle

EFEverde en Galego

Castaña de Galicia espera certificar 200 toneladas para o mercado nacional

Publicado por: Redacción EFEverde 16 de octubre, 2015 Santiago de Compostela

EFEverde.-  O consello regulador da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia confirmou que a colleita deste ano é “boa”, moito mellor que a do pasado ano, polo que confía en certificar unhas 200 toneladas deste froito, que se comercializarán fundamentalmente no mercado nacional, en fresco e conxeladas.

En declaracións a EFE, o presidente do consello regulador, Jesús Quintá, explicou que a campaña “está practicamente nos inicios” e, polo menos de momento, só se está recollendo froito nas zonas e variedades de maduración temperá.

GALICIA RECUPERA EL PESO DE LA CASTAÑA EN SU GASTRONOMÍA TRADICIONAL
Castañas de Galicia. EFE/Óscar Corral

En calquera caso, indicou que este ano se espera “unha boa colleita”, de “moita cantidade”, porque “o tempo tamén está a axudar moito” ao manterse “fresco, pero con pouca choiva”, condicións que axudan a que o froito se faga máis grande e preséntese nun mellor estado sanitario.

“O forte da campaña”, indicou, comezará “a partir da próxima semana e prolongaráse durante un mes”.

“Esperamos vender bastante máis” que o ano pasado, recoñeceu Quintá, q uen tamén sostivo que, polo menos de momento, Castaña de Galicia circunscríbese ao mercado nacional, porque “non hai aínda volume suficiente de produto” para abordar experiencias internacionais.

En España, “está presente practicamente” en todos os mercados importantes e, aos poucos, “Castaña de Galicia está a facerse un nome”, aínda que o presidente do Consello Regulador recoñeceu que 

Manifestou, ademáis, que tampouco resulta fácil convencer aos produtores para que certifiquen as súas castañas, en parte porque aínda son poucas as familias que se dedican a esta actividade dunha forma profesionalizada. EFEverde

Secciones : Actualidad
Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.