Imaxe cedida por ‘Acampa’ A Coruña
EFEverde en Galego

O medioambiente: factor crave na visita de ‘Acampa’ a Brasil

Acampa en territorio brasileiro

A delegación está conformada polos coordinadores de ‘Acampa’, Xosé Abad e Alfonso Vázquez e un membro da rede, Xulio García, que participarán na procura de apoios e actos preparatorios para a difusión da primeira edición da iniciativa en territorio brasileiro.

Os tres delegados galegos visitarán a cidade brasileira de Piracicaba (a 150 quilómetros de Sao Paulo) para coñecer iniciativas como ‘Movemento dous Trabalhadores Rurais Sem Terra ( MTS)’ ou o ‘ Acampamento Marielle Vive e Ocupaçaö Nove de Julho’ , así como reunións con «expertos defensores do medioambiente e das comunidades indíxenas», informan os impulsores da iniciativa nun comunicado.

Ademais, coñecerán a Marcos Sorrentino, responsable do Laboratorio de Educación e Política Ambiental da Universidade de Sao Paulo, e o seu colega Simone Portugal artífices de trasladar o modelo de ‘Acampa’ A Coruña a Brasil.

“Na Coruña puidemos comprobar a converxencia entre a filosofía do movemento Acampa e as nosas áreas de actuación, centradas na loita pola terra e a xustiza social”, asegura Sorrentino, e engade que «“é un camiño para protexer o futuro de millóns de persoas que, doutro xeito, abocamos a migrar en ondas”.

Piracicaba será a sede da primeira ‘Acampa’ fóra de Galicia, pero co obxectivo de replicarla «noutras cidades do país».

‘Acampa’ é unha iniciativa sen ánimo de lucro que naceu na Coruña en 2016 co obxectivo de «defender os Dereitos Humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito a Refuxio» e que, cada ano, promove unha serie de actividades para «achegar á cidadanía a situación das persoas desprazadas». EFEverde

 

Secciones:

Imagen de Redacción EFEverde

Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.