Captura de la web de acruga

EFEVERDE EN GALEGO

Acruga busca en Indonesia e Marrocos novos mercados para a rubia galega

Publicado por: Redacción EFEverde 10 de julio, 2015 lugo

Lugo (EFEverde Galego).- O presidente da Asociación Nacional de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga), César Dorado, cualificou de “moi importante” a visita que están a realizar a Galicia dúas delegacións de Indonesia e Marrocos para coñecer os avances en I+D+i no sector primario e o seu interese polo potencial cárnico desta especie.

Esa delegación, formada por empresarios do sector, exportadores, políticos e técnicos veterinarios, foi convidada pola empresa Indogal, creada no ano 2014 para desenvolver un proxecto de expansión da raza loura galega en Indonesia.

Dorado explicou a EFE que a asociación xa está mandando dose de seme de rubia galega para Indonesia, aínda que de momento a exportación xenética desta raza se está a centrar en Brasil, principal cliente e país co que Acruga leva xa varios anos colaborando de forma estreita.

O presidente de Acruga confirmou que a exportación de seme de raza loura “aumenta cada ano”, aínda que tamén recoñeceu que o fai pouco a pouco e Brasil, coa importación dunhas 100.000 doses anuais, segue sendo o cliente de referencia para a expansión internacional desta especie.

Na estratexia de expansión e promoción internacional da raza rubia galega, explicou Dorado, tamén xoga un papel fundamental o Centro de Reproducción e Selección Animal de Galicia, de cuxa xestión se ocupa a empresa pública Xenética Fontao, dado que é nesas instalacións onde se traballa cos sementais seleccionados e se extraen as doses de seme. EFE

jl/am

Secciones : Actualidad
Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.