EFEVERDE EN GALEGO

ADEGA e a Asociación Arnau recuperan unha poza de Rega en Lobios

Enlace copiado

 

En la imagen, un afluente del río Eume en el concello coruñés de Pontedeume. EFE/Cabalar
En la imagen, un afluente del río Eume en el concello coruñés de Pontedeume. EFE/Cabalar

A asociación local Arnau e ADEGA convocan esta actividade enmarcada no proxectoCharcas con Vida. Esta iniciativa promovida por ADEGA realiza actividades de divulgación, inventario e voluntariado ambiental en toda Galiza para a posta en valor das charcas.

As charcas, pozas de rega, lavadoiros, e outros puntos de auga foron antigamente moi abundantes en toda Galiza, moitos deles ficaron abandonados polo despoboamento rural.  Os veciños e veciñas do rural empregaban estes puntos de auga no seu día a día, pero tamén eran un punto indispensable para a vida acuática. Anfibios, aves, invertebrados … e tamén certos tipos de plantas ou algas son algún exemplos dos seres que habitaban estes lugares. Desta a recuperación do patrimonio etnográfico tamén axudará a mellora do hábitat para estas especies. Charcas con Vida amosa deste xeito que a recuperación do patrimonio natural e do cultural están intimamente ligadas.

Nesta xornada de voluntariado participarán 25 persoas das dúas asociacións, que realizarán labores de limpeza e retirada de sedimento dunha antiga poza de rega no pobo da Regada. A actividade é gratuíta. O voluntariado contará con seguro de accidentes e a comida durante a xornada que durará todo o día.

A Asociación Arnau e ADEGA están a desenvolver actuacións de custodia do territorio, xa que grazas á vontade e esforzo da propia cidadanía e de entidades locais desenvólvense proxectos que axudan a conservar e poñer en valor o patrimonio.

Charcas con vida é unha iniciativa que conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

 

Secciones:

Temas:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.