Fotografía de archivo de dos excavadoras.EFE/Mariam Montesinos

MEDIO AMBIENTE

Adega pide parar obras que afectan a turbeira máis importante de Galicia

Publicado por: Redacción EFEverde 24 de julio, 2014 Lugo

Adega e Mariña Patrimonio presentaron denuncias ante a Demarcación de Costas de Galicia, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza e o Concello de Foz, para reclamaren que se paralicen decontado unhas obras na praia de Arealonga que poderían afectar a turbeira "máis importante de Galicia".

Nun comunicado, ambos os colectivos aclaran que as obras nese areal focense forman parte do paquete de medidas urxentes para arranxar os danos causados polo temporal no pasado inverno en toda a costa cantábrica, mais están "eliminando un dos xacementos paleoclimáticos máis importantes de Europa".

Ambos os colectivos piden "a paralización inmediata das obras", para preservar "os valores deste xacemento de turba", que ten "uns 120.000 anos" de antigüidade e sobre o que "están actuando directamente as máquinas escavadoras".

Segundo Adega e Mariña Patrimonio, "esta circunstancia pon en risco a conservación da turbeira, que queda exposta ás adversidades meteorolóxicas e á acción do mar, ademais de alterar significativamente a morfoloxí a da praia e, potencialmente, a dinámica costeira da zona". EFEverde

Secciones : Galego
Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.