Recurso de archivo de una torre eléctrica
ENERGIA

Aenor certifica que Endesa cumpre cos obxectivos ambientais estipulados

Trátase dun documento no que, ademáis, se establecen os propósitos para este ano co gallo de conseguir a excelencia ambiental da instalación.

Segundo o responsable da Central nas pontes, Pablo Blanco, «a excelencia ambiental é un valor fundamental na empresa», que «está firmemente comprometida coa conservación e o uso eficiente dos recursos que emprega».

A Central de Ciclo Combinado das pontes, de 855 megavatios de potencia, dispón dun sistema de xestión ambiental segundo a norma UNE-EN ISO 14001 e o Regulamento EMAS.

Este é un instrumento europeo de auditoría anual que obriga a someterse ao control dunha entidade externa, neste caso AENOR, que esixe a posta a disposición do público dos resultados.

Para o ano pasado, os responsables da central marcaran sete obxectivos, dos que cinco foron cumpridos e dous quedaron aprazados para ser executados no presente exercicio.

Entre os conseguidos figuran melloras no control de consumos con medidas de flexibilidade operativa, así como reducir nun 16% o consumo dos sistemas auxiliares no período no que a central está parada.

Igualmente optimizouse o consumo de hipoclorito sódico, que se utiliza como biocida no sistema de refrixeración principal, e se minimizaron os residuos perigosos e introducido melloras na protección contra incendios.

As melloras no sistema de refrixeración auxiliar e nos cubetos de contención de transformadores, que foran programadas para o ano 2014, finalmente figuran nos compromisos adquiridos para o presente exercicio. EFE

app/jl/am

 

Secciones:

Imagen de Redacción EFEverde

Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.

Ultimas noticias