EFEverde en Galego

Alcaldes abandonan dependencias Xunta despois de pactaren unha reunión con A.Hernández

 

Vinte e cinco rexedores apostáronse nesta mañá diante do despacho do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras unha pancarta en que se podía ler «Os concellos contra a suba do canon de lixo de Sogama».

Esixían unha reunión co titular da Xunta e mesmo un deles, Marcos Blanco, de Ribadavia, dixo que en caso de non ter esta reuniu estaban «dispostos a encerrarse».

Ao ser preguntado Núñez Feijóo despois do Consello da Xunta por esta cuestión, dixo que a aplicación das normas non se negocia, en referencia á suba do canon, e dixo, en calquera caso, que os alcaldes se presentaron «sen cita previa» e que foron convocados a unha reunión co responsable de Medio Ambiente, Agustín Hernández.EFEverde en Galego

flh/av

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.