Así, os animalistas consideran que se crearía conciencia para apoiar a proposición de lei para endurecer as multas por malos tratos a animais, presentada pola AGE.
Nun comunicado, móstranse convencidos de que «unha visita sobre o terreo das condicións en que son rescatados centos de cans e gatos cada ano determinará o sentido de voto a consciencia dos parlamentarios», polo que ofrecen diferentes opcións, segundo a provincia que representan os parlamentarios.
No seu escrito, cifran en 13.000 seres vivos os abandonados en Galicia en 2013, a maioría cans e gatos, mais tamén se detectou un incremento de especies como o porco vietnamita e outras exóticas, cuxo impacto ambiental e animal é superior no territorio galego.
Estiman, igualmente, que só 30 por cento dos animais abandonados teñen a «sorte» de seren acollidos por sociedades protectoras da Comunidade e algúns deles chegan «en condicións deplorables de malnutrición, malos tratos e practicamente mortos». EFEverde en Galego
jl




