A asociación resalta nun comunicado que, coa chegada do bo tempo, a onda de incendios comezou, polo que expresa preocupación pola actuación do Goberno galego que, a pesar das súas advertencias e dos desastres do ano pasado, «parecen non lembrar» e continúan «cos mesmos erros».
Explican que, en vez de aprobar o Pladiga, a Administración galega continúa con convenios itinerantes cos diferentes concellos, que teñen como base «unha rede caciquil»: brigadas de traballadores que son escollidos para os postos «a cambio de votos».
Denuncian tamén unha redución do persoal -equipos con dous bombeiros, vehículos motobombas sen condutores- e mesmo a eliminación de brigadas completas, como aconteceu hai menos dun mes coa Brigada de Tui, apuntan. EFEverde en Galego
pp/jl




