Santiago de Compostela, (EFEverde en Galego).- Diversas asociacións propuxeron á Comisión de Peticións do Parlamento de Galicia o nomeamento dun vicevaledor de Ambiente e Biodiversidade.
Trátase de Libera, a plataforma Galicia Mellor sen Touradas, a Mesa de Participación Cidadá e a Fundación Franz Weber.
Nun comunicado, explican que o informe de 2013 do Valedor do Pobo reflicte un maior interese social na defensa dos seres vivos e do medio natural, ao computar que 23,85 por cento das queixas formuladas no pasado ano tiñan como obxecto fundamental cuestións ambientais e animais.
Na súa opinión, con este nomeamento, a institución tería unha maior capacidade de resposta ante os últimos avances lexislativos, tanto no ámbito estatal como europeo e agregan que esta decisión se correspondería tamén coa existencia dunha fiscalía de Ambiente e unha comisión específica no Parlamento. EFE.
jl