Estas axudas servirán para a reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados, así como para paliar os dános rexistrados nas explotacións agrícolas e gandeiras.
En concreto, segundo informou a Xunta nun comunicado, a orde establece ata sete liñas distintas segundo os danos rexistrados e a persoa interesada poderá solicitalas todas se así o cre necesario, aínda que o seu expediente será único.
O importe máximo a recibir por cada beneficiario é de 15.000 euros e o prazo para tramitar as axudas é dun mes para contar desde mañá martes.
A solicitude pódese facer por vía telemática ou en papel. Efeverde




