Nun comunicado, o voceiro parlamentario de Pesca do Bloque, Daniel Rodas, advertiu de que o plan director de acuicultura da Xunta establece unha serie de medidas de liberación que na práctica supón «barra libre» para instalar «proxectos foráneos de acuicultura intensiva».
Para o BNG, é necesaria «unha aposta clara pola acuicultura extensiva ou ecolóxica cunha estratexia propia impulsada desde a Xunta en colaboración co sector, que prime o dereito de acceso aos recursos naturais e ao emprego dos produtores galegos ao que deben ir destinados, de forma prioritaria, os fondos europeos».EFEverde




