Fotografía de arquivo dunha serpe pitón. EFE
EFEverde en Galego

Requisan caimanes, pitones e outros animais exóticos nunha casa galega

O achado produciuse ao ter constancia o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da presenza de dous cans de raza perigosa (pitbull terrier) no patio dunha casa en Atios-O Porriño.

Cando os axentes procederon a inspeccionar o local onde habitaban estes cans observaron que había tamén varios animais exóticos como tartarugas de auga, ánades reais e dous exemplares de caimán, de 1,47 metros e 60 centímetros, respectivamente.

Tras concertar co propietario unha cita de inspección, os axentes do Seprona, acompañados por un veterinario da Xunta, comprobaron que no interior do garaxe da vivenda había un terrario con dúas serpes pitón, de 3,20 e 2,20 metros.

Había tamén tres dragones barbudos, dúas tartarugas de terra, así como ratos e ratas para alimentar aos réptiles.

Todos os animais quedaron en depósito do denunciado a disposición das autoridades competentes.

O informe de denuncia das irregularidades observadas será remitido á Consellería de Medio Ambiente da Xunta e a administración de Aduanas, precisaron as fontes. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.