Incendio en el monte de Conxo (A Coruña). EFE/Oscar Corral
EFEverde en Galego

Catro imputados por causar dous incendios forestais en queimas neglixentes

A xefatura da Coruña imputou tres veciños de Cabanas como presuntos autores dun lume forestal o pasado día 17, cando realizaban unha queima non autorizada, xa que aquel día estaban prohibidas en toda Galicia.

O lume tivo lugar en Cesullas, parroquia deste concello coruñés, e afectou unha a superficie de mil metros cadrados de superficie arborada.

Por outra banda, axentes de Pontevedra imputaron un veciño de Caldas por ser o suposto autor dun incendio forestal imprudente, ao que se lle escapou unha queima forestal no lugar de Calcote, parroquia de Godos, que afectou a 900 metros de superficie arborada.

No que vai de ano a Policía autonómica leva imputado ou detido 48 persoas como presuntos autores de lumes nos montes galegos. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.