Ademáis, o golpe provocou lesións importantes nun dedo a un dos condutores implicados no accidente, que, finalmente, foi trasladado polos servizos sanitarios de urxencia.
O animal sorprendeu aos condutores cando circulaban pola N-120 en sentido Monforte, preto do quilómetro 532.
Ás 20:50 horas de onte, un particular alertou ao persoal do 112 Galicia que, deseguido, pediu a colaboración de Urxencias Médicas e a Garda Civil de Tráfico.
Aínda que por causas distintas, houbo outro accidente múltiple, con tres vehículos implicados, na AG-64 ao seu paso polo concello As Pontes, en dirección Vilalba.
Un dos condutores tivo que ser atendido por mor de diversas contusións e, de feito, foi evacuado en ambulancia a un centro médico.
A colisión produciuse arredor das 21:20 horas de onte e os xestores do 112 Galicia informaron da situación a Urxencias Médicas e á Garda Civil de Tráfico. EFEverde




