SANTOÑA (CANTABRIA), 24/03/09.- La flota de cerco de Santoña se ha impuesto hoy un recorte de un tercio en las capturas del verdel para tratar de reducir la ofera y reactivar el precio en un mercado que esta saturado. Pesqueros de Guipuzcoa, Cantabria y Galicia han descargado hoy en la lonja de Santoña alrededor de 500.000 kilos. EFE/Esteban Cobo

Imaxe de peixe fresco nunha lonxa. EFE/Esteban Cobo

EFEverde en Galego

A CE propón reducir capturas de ollomol e outras especies de augas profundas

Publicado por: Redacción EFEverde 3 de octubre, 2014 Bruxelas

A Comisión Europea (CE) propuxo hoxe diminuír o total admisible de capturas (TAC) de nove poboacións de peixes de augas profundas, entre elas o ollomol, aumentar o de catro e manter o statu quo doutras cinco, de cara a 2015 e 2016.

A CE tamén precisou nun comunicado que, no caso de catro poboacións de quenllas de augas profundas principalmente, a proposta non contén aínda ningunha cifra en espera do ditame científico que se emitirá a finais deste mes.

“O feito de que os ditames científicos permitan aumentar as posibilidades de pesca dalgunhas desas poboacións é, que dúbida cabe, unha boa noticia, pero desafortunadamente a situación da maior parte das outras poboacións é desalentadora”, destacou a comisaria europea de Pesca, Maria Damanaki.

As especies de augas profundas, que se pescan ás veces a 400 menos e supoñen un 1% do peixe que se desembarca na UE procedente do Atlántico nororiental, son particularmente vulnerables dado o seu crecemento lento e longa vida.

No caso da importante poboación de granadeiros de rocha existente ao oeste das illas Británicas, a CE propón un recorte moderado (-12%) que permita en 2015 a súa pesca a niveis sostibles e que, xa en 2016, faga posible un lixeiro aumento do 2%.

Para as zonas do Skagerrak e o Kattegat e o golfo de Biscaia e o Cantábrico, a redución da cota de granadeiros será do 20% para ambos os dous anos.

Por outra banda, para catro poboacións de bertorella de lama, a Comisión propón aumentos do 10% en 2015 e practicamente manter o status quo ao ano seguinte.

Polo que se refire a outras poboacións, os datos dispoñibles son e a CE impón un criterio de precaución que esixe recortes significativos para poder protexelas.

Iso aplicaríase tanto para 2015 como para 2016 no caso do ollomol das zonas situadas ao oeste de Portugal (-62%) e arredor das Azores (-34%), mentres que en augas do oeste de Escocia, o Canal da Mancha e Gran Sol e o golfo de Biscaia e o Cantábrico, a redución será máis moderada (-20%).

Os ditames científicos que analizan a zona ao oeste de Portugal reclaman incluso a elaboración dun plan de recuperación, remarcou a CE.

Para as poboacións de sabre negro no mar do Norte, o Skagerrak e o Kattegat ou o mar de Noruega, Bruxelas propón manter o status quo, en tanto que para as do golfo de Biscaia e o Cantábrico, o oeste de Portugal e as Azores avoga por un recorte do 14% e, de ata 20% para as de Islandia e Illas Feroe, oeste de Escocia, Pequeno e Gran Sol e o norte dos Azores.

Para tres poboacións de reloxo alaranxado a Comisión propón manter a situación actual.

A proposta presentada hoxe polo Executivo comunitario será debatida polos ministros de Pesca da UE nunha próxima reunión. EFEverde

Secciones : Actualidad
Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.