A reunión producirase nesta mesma tarde, ás catro, na sede da CHMS.
Fontes do organismo de bacía insistiron en que a protesta que onte protagonizaron os membros da citada plataforma «non ten razón de ser», porque a CHMS está cumprindo o prometido e o que explicou o seu presidente, Francisco Marín, nesta mesma semana en Sarria, no transcurso dunha reunión á que non asistiron os membros dese colectivo.
De feito, a CHMS volveu aclarar que, finalmente, só serán cortadas «sete árbores» para a execución dese proxecto nas inmediacións do río Sarria, «os mínimos e imprescindibles» para facilitar o movemento das máquinas que teñen que realizar as obras.
Onte, antes de que unha xuíza de Sarria ordenase paralizar a corta, a empresa concesionaria xa cortara tres desas sete árbores.
Agora, a CHMS dispón de tres días para presentar a documentación requirida polo xulgado, uns documentos que, segundo o organismo de bacía, virán ratificar que o proxecto conta con » todos os permisos» necesarios.
Alén diso, confirmou que as obras «continúan» en Sarria, porque a orde xudicial só afectaba á corta de árbores. EFEverde en Galego
jrr/jl
jrr/jl




![STO15. LULEA (SUECIA), 12/06/2013.- Vista general del centro de datos de Lulea, durante la visita al primer centro de datos de Facebook fuera de Estados Unidos en Lulea, a unos 900 km de Estocolmo, Suecia hoy, miércoles 12 de junio de 2013. Facebook ha elegido este lugar por su cercanía al Ártico y su acceso a la hidrofuerza y al aire frío del Norte, lo que mantendrá la temperatura de los miles de servidores utilizados para guardar la información de los usuarios, según la empresa. EFE/Susanne Lindholm ***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***[***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***]](https://efeverde.com/wp-content/uploads/2026/09/STO15-SUECIA-FACEBOOK-300x200.jpg)