EFEverde.- A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) realiza un estudo de avaliación e determinación da categoría de conservación da marsopa no noroeste da península Ibérica.
A CEMMA, co apoio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través da Fundación Biodiversidade, pon en marcha o proxecto Phocoeval centrado na especie de cetáceo máis pequena de todo o hemisferio norte, a marsopa ou “Phocoena phocoena”, informou hoxe nun comunicado.
A bordo dun veleiro de quince metros de eslora os investigadores percorrerán toda a costa galega dende A Guardia (Pontevedra) ata Ribadeo (Lugo) nunha franxa de vinte e cinco millas ao longo de dezaoito días de setembro.
Dous patróns, tres biólogos e tres voluntarios realizarán observacións da superficie do mar combinadas con escoitas e gravacións cun hidrófono de arrastre.
A iso úneselle unha campaña aérea cun avión que percorrerá toda a costa para achegar información sobre a presenza en Galicia da marsopa, unha especie ameazada como vulnerable que no noroeste da península non supera os trescentos exemplares. EFEverde