compostaje

Fotografía de arquivo dunha planta de compostaxe.

EFEverde en Galego

Sogama licita a construción dunha planta de compostaxe por case 4 millóns

Publicado por: Redacción EFEverde 4 de febrero, 2016 A Coruña

EFEverde.- A Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) licita por case catro millóns de euros a construción e posta en marcha dunha planta de compostaxe que procesará a fracción orgánica dos refugallos co obxectivo de fabricar compost e que terá unha capacidade de 15.000 toneladas anuais.

Esta planta situarase nas dependencias desta empresa de titularidade pública en Areosa, no municipio de Cerceda (A Coruña), segundo publica o Diario Oficial de Galicia.

Fontes da empresa detallaron que os equipos mecánicos desta instalación serán deseñados para que poidan tratar, polo menos, un 10% máis de refugallos, o que “permitirá absorber as variacións debidas á estacionalidade, os tempos de indispoñibilidade e outros condicionantes”.

No caso dos materiais que non sirvan para compostar pero si para reciclar enviaranse á industria transformadora para convertelos en novos produtos.

Obras

O obxectivo de Sogama é un deseño que dea máxima fiabilidade e robustez ao proceso, que posibilite a recuperación de materiais con técnicas automáticas de clasificación, que permita obter produtos de alta calidade, que contribúa ao cumprimento dos obxectivos de valorización contemplados na Directiva de Residuos e reduza o impacto da actividade da planta no medioambiente.

Con este fin, as obras terán un prazo máximo de execución de 34 semanas a contar desde a firma do contrato e deberán contar cunha serie de garantías e penalizacións que afectarán os tempos e posta en marcha, así como á capacidade dos equipos que, en caso de resultar insuficiente, serán substituídos a cargo do adxudicatario por outros de capacidade idónea.

Tamén se contemplan sancións en caso de incumprimentos en materia de seguridade e saúde, e deberes sociais do adxudicatario cos seus traballadores ou subcontratistas. EFEverde

 

 

Secciones : Actualidad
Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.