Recurso de archivo
INCENDIOS FORESTAIS

Controlados os incendios forestais de Láncara e Vimianzo

No primeiro caso, o lume iniciouse ás 19:19 horas de onte e foi controlado ás 04:55 horas desta madrugada, despois de queimar 17 hectáreas arboradas e 3 de superficie agrícola. Na súa extinción traballaron 5 axentes forestais e as dotacións de 14 brigadas, 6 motobombas, unha pá, 4 helicópteros e 7 avións.

No segundo caso, o control logrouse ás 06:00 horas desta madrugada, despois de iniciarse ás 21:26 horas de onte. Queimou 30 hectáreas de monte raso e 11 arboredos e contra el traballaron 4 axentes forestais e as dotacións de 9 brigadas, 5 motobombas e unha pá. EFE

jl/am

 

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.