EFEvede en Galego

Corenta e sete municipios lucenses farán auditorías para aforrar enerxía

Ao convenio sumarase tamén o Concello de Lugo, segundo informaron o concelleiro de Medio Natural, Luis Álvarez; a vicepresidenta segunda da institución provincial, Lara Méndez; e o encargado da xestión dos fondos europeos na Deputación, Pablo Rivera.
O custo dese diagnóstico municipal será sufragado pola Deputación de Lugo, o que suporá un aforro medio de 5.000 euros por auditoría.
Tras un primeiro diagnóstico, as autoridades esperan elaborar un plan específico para cada concello, con recomendacións sobre melloras nas instalacións municipais para abaratar a factura da subministración eléctrica.
Segundo a Deputación, a factura eléctrica dun municipio de cinco mil habitantes rolda os 200.000 euros ao ano, e calcula que a auditoría e un posterior plan de aforro podería permitir rebaixar esa contía nuns 40.000 euros.
Méndez subliñou que a factura eléctrica da Deputación foi rebaixada en 2012 en 230.000 euros.EFEverde en Galego
jrr/xb

Secciones:

Imagen de Redacción EFEverde

Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.