A Policía interrogou na semana pasada doce menores de entre 13 e 14 anos, dos que finalmente considera responsables de accións constitutivas de delito cinco, aínda que esa cifra podería aumentar, xa que a distribución das fotos traspasou o ámbito xeográfico de Vigo.
A Fiscalía ten uns 40 expedientes de imputación sobre este caso.
As fontes policiais detallan que foi a moza que aparece nas fotos espida e noutras en roupa interior quen as distribuíu a través do «Whatsapp» entre varios amigos, un deles o seu ex noivo, mais despois foron parar a outras persoas de fóra do ámbito do seu instituto e mesmo doutras cidades. EFEverde




