A depuradora de Guillarei (Tui) incorporará un sistema pioneiro en España que permitirá mellorar a eficiencia enerxética da planta, a calidade das augas tratadas e a sustentabilidade do proceso, informou FCC Aqualia nun comunicado.
Este sistema propicia a eliminación, a través dunhas bacterias chamadas Anammox, de nitróxeno na auga residual de forma moito máis eficiente que o proceso convencional, cun consumo de osíxeno 60% menor e cunha produción de lodos de apenas 10%.
Desde 2009, o equipo de investigadores de Aqualia colabora coa Universidade de Santiago de Compostela e o persoal da planta de Guillarei para o desenvolvemento desta tecnoloxía, denominada ELAN, siglas de eliminación autótrofa de nitróxeno.
A construción do sistema ELAN foi promovida por Augas de Galicia e está valorada en 242.000 euros na súa fase inicial.
O traballo de FCC Aqualia centrarase en achegar o coñecemento, os equipos e parte das instalacións coas que contará esta depuradora.
Os traballos comezarán nas próximas semanas e prolongaranse até finais de 2014. EFEverde