EFE
EFEverde en Galego

Deputación de Lugo apoia programas de mellora xenética da Africor

Nunhas declaracións aos medios de comunicación, Gómez Besteiro explicou que este convenio suporá un desembolso para a Deputación de Lugo de 25.000 euros, unha cantidade que irá destinada, case de forma íntegra, aos programas de mellora xenética do gando que está a desenvolver a Africor nesta provincia.

Gómez Besteiro lembrou que este colectivo é unha «referencia» para os produtores de leite, xa que agrupa máis de 1.700 explotacións, 30% das granxas que hai na provincia de Lugo, aínda que acumulan 70% da produción láctea.

«Estamos falando de explotacións moi competitivas, con moita produción e, por tanto, con moitas cabezas de gando frisón. Con este convenio, o que se pretende é continuar explotando as posibilidades de mellorar a produtividade», precisou, cun «gando máis cualificado xeneticamente».

Na produción de leite, subliñou o presidente da Deputación, «está o futuro da provincia de Lugo». EFEverde

 

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.