Segundo o 112, o maior número de accións están relacionadas coa caída de árbores e pólas nas estradas, inundacións en rúas, vivendas e garaxes, e algunha bolsa de auga.
Por provincias, A Coruña rexistrou 23 intervencións; Pontevedra, 13; Lugo, 5 e Ourense, 2.
Protección Civil e Emerxencias avisaron de ondas de até seis metros, sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra, e refachos de vento de 80 quilómetros por hora hoxe en Galicia, polo que se decretou unha alerta de nivel laranxa.
Unha fronte activa asociada a unha profunda borrasca situada ao norte de Irlanda traerá chuvias e intensos ventos, que no noroeste virán acompañados á noite de aparato eléctrico.
Segundo Meteogalicia, a cota de neve descenderá dos 1.200 metros aos 800 metros durante a noite. EFEverde




