Os datos do INE relativos a 2013 indican que os españois consumiron unha media de 130 litros por habitante ao día a un custo unitario de 1,83 euros por metro cadrado.
En Galicia, os fogares consumiron en 2013 unha media de 119 litros por habitante ao día, once litros menos que no conxunto de España.
O custo da auga situouse na Comunidade galega en 1,19 euros por metro cúbico, o equivalente a un terzo menos do que pagan os cidadáns no conxunto de España. EFEverde




