Peóns abrigados contra o frío e o vento. EFE/Jesús Diges
EFEverde en Galego

Galicia amence con ventos de até 80 quilómetros por hora na costa

No litoral da provincia da Coruña, entre Malpica e Bares, o vento soprou cunha intensidade de 80 quilómetros por hora, mentres que en zonas de montaña, como Cabeza de Manzaneda, estes refachos superaron os cen quilómetros por hora.

O interior de Galicia contou con refachos máis suaves, de entre 30 e 40 quilómetros por hora.

No referente á chuvia, os valores máis significativos contabilizáronse na provincia de Pontevedra, o norte da Coruña e o oeste de Ourense, con 15 litros por metro cadrado.

Está previsto que ao mediodía de hoxe as condicións meteorolóxicas sexan complicadas en varios puntos da costa coruñesa, segundo Meteogalicia, polo que o ambiente será desapracible, con chuvias xeneralizadas de intensidade moderada acompañadas de ventos fortes.

As temperaturas, máis suaves, serán o único agradable do día. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.