Arquivo EFE
EXPOSICIÓN SANTIAGO

García participa na inaguración en Santiago da mostra Saúde e Terra, Irmá(n)s

Na súa intervención, o responsable da política lingüística da Xunta animou os composteláns e compostelás a visitar esta mostra que busca difundir o labor realizado no seu día polas Irmandades a prol da lingua galega «co ánimo de que ese coñecemento sirva de estímulo e de exemplo para a cidadanía do século XXI».

Tal e como apuntou García Gómez, aínda que hoxe nos enfrontamos «a retos novos que nos esixen innovadoras estratexias e métodos de promoción do galego», o espírito debe ser «o mesmo que guiou aquelas persoas que, hai un século, se sentiron xunguidas como irmás na defensa do idioma». EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.