Imaxe dun farol roto. EFE/Eliseo Trigo
EFEverde en Galego

A iluminación dun parque de Lugo adaptarase a luz ambiental e terá GPS

Acompañada polo alcalde da capital lucense, José López Orozco, Lara Méndez confirmou que a nova iluminación do Paseo do Rato disporá dun software de «última xeración» para adaptar a intensidade lumínica ás propias condicións ambientais e ás diferentes faixas horarias.

Tamén disporá dun «sistema de seguridade por GPS» que permitirá localizar aqueles puntos de luz que fosen subtraídos ou que teñan algunha avaría.

Por outro lado, a nova iluminación tamén disporá dunha instalación «anti-vandálica», que substituirá a condución mediante cables de cobre por aluminio, precisamente para evitar os roubos que habitualmente se producen neste tipo de sistemas.

Ademais, estará «preparada para inundacións», lembrou Lara Méndez, de modo que a instalación estará situada a unha «distancia do chan maior do que é habitual».

Méndez confirmou que o investimento previsto neste proxecto ascende a 1,4 millóns de euros. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.