Ourense (EFEverde Galego).- A Policía Autonómica de Ourense informou da imputación esta semana de dous homes como presuntos autores de senllos incendios forestais acontecidos nas localidades ourensás de Avión e Cortegada.
Segundo informou a Xunta de Galicia, o primeiro dos incendios foi provocado por unha máquina rozadora e afectou a unha superficie de 13.000 metros cadrados de monte arborado e outros mil metros de monte raso no segundo.
Ademáis, outro home foi imputado por un incendio acontecido o pasado 6 de xullo na parroquia de Barroso, no Concello de Avión.
Este lume afectou a unha superficie de 8.700 metros cadrados de monte raso e as dilixencias foron remitidas, como no primeiro caso, ao xulgado de garda de Ribadavia.
A Administración autonómica sinalou que as devanditas imputacións se levaron a cabo grazas á colaboración existente entre os axentes autonómicos e as brigadas de investigación sobre Incendios Forestais (BIIF), cuxo persoal depende da Consellería do Medio Rural e do Mar.
No que vai de ano, a policía autonómica imputou 29 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais. EFE
lrt/jl/am