Fotografía de arquivo dun bombeiro nos labores de extinción dun incendio forestal. EFE/Brais Lorenzo
EFEverde en Galego

Un incendio forestal con dez focos en Pena Trevinca afecta a Rede Natura

O primeiro incendio produciuse onte ás 10.55 horas, na parroquia de Casaio (Carballeda) e horas despois rexistráronse novos focos na zona da serra de Pena Trevinca, o que suscitou a alarma dos veciños pois eran lugares de difícil acceso, feito que imposibilitou nalgúns casos a chegada de medios terrestres.

Nos labores de extinción, participan actualmente dous técnicos, 10 axentes forestais, 15 brigadas e tres helicópteros.

Segundo detallou a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María del Carmen González, trátase en todos os casos de «focos pequenos» que afectan principalmente «zona de mato» e «monte baixo», catalogado como Rede Natura polo seu alto valor ecolóxico.

Fontes de Medio Rural precisaron que o lume, actualmente controlado, non entraría ao Teixedal de Casaio, un dos maiores bosques de teixos de Europa.

O fume do incendio, con varios quilómetros de fronte, fíxose visible onte desde Ponferrada (León) e varias zonas da provincia, e puxo en alerta medios de extinción de todos os distritos forestais de Ourense, con brigadas de terra e helicópteros.

Actualmente, todos os focos «están controlados» e «ningún supera as vinte hectáreas», concretou Medio Rural.

Esta mesma parroquia sufrira outro incendio a finais de outubro de 2014 no que se calcinaron cerca de corenta hectáreas. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.