cubos basura @arturolarena para @efeverde
Cubos de lixo. EFE
EFEverde en Galego

Iniciativa veciñal de recollida selectiva de lixo «porta a porta»

Con este programa experimental, explicou hoxe Adega, o Consistorio que goberna Secundino García (BNG) quere probar a eficacia dun sistema que suporía un aforro económico e ambiental «fronte ao modelo caduco de incineración de Sogama», ademais de facilitar a xestión do lixo para os veciños, indicaron as mesmas fontes.

Comezará a probarse en decembro en 18 núcleos da parroquia de Ferreira e Naraío e Igrexafeita que aglutinan 150 veciños, que están convocados a unha reunión este xoves ás 17:00 no local social de Seara para explicarlles os detalles do programa de recollida que irá, casa por casa, por medio centenar de vivendas unifamiliares que xa se sumaron ao proxecto piloto.

A cada vivenda, expón a entidade ecoloxista, facilitaranlle un colector para os residuos inorgánicos e outro, se o necesitan, para depositar os orgánicos.

O servizo levará as latas, bricks e plásticos, mentres que os veciños serán os que aprendan a autoxestionar o seu lixo orgánico (restos de comidas, de podas…) con novos usos como alimentar o gando ou producir esterco, recuperando antigas tradicións.

Con isto, explican os ecoloxistas, propóñense reducir nun 50 % a cantidade de residuos que envían a Sogama, aforrando custos en transporte e tratamento, que actualmente son de 80 euros por tonelada. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.