Los colores de un temporal en la costa de La Coruña.
EFEverde en Galego

Juárez comproba as obras de reparación de danos por temporais en Cangas

O delegado do Goberno, Samuel Juárez, acompañado polo subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, e o alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, explicou durante a súa visita que esta obra se suma a outras moitas actuacións aprobadas polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Ambiente nos municipios costeiros afectados polos temporais en Pontevedra e ás que se destinan 1,5 millóns de euros.

Así, lembrou que o Ministerio ten activo desde o pasado mes de febreiro un completo plan que implica a mellora de diversos espazos do dominio público marítimo-terrestre e de infraestruturas costeiras co obxecto de poder garantir «un uso público seguro e sustentable» deles durante a tempada estival.

En concreto, as actuacións no litoral afectado de Galicia supoñen un investimento de 7 millóns de euros por parte do Ministerio e distribúense en máis de medio centenar de municipios das tres provincias costeiras. EFE

irc/am

 

Secciones:

Imagen de Redacción EFEverde

Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.