Despois de sinalar que «a paciencia dos colectivos animalistas se está acabando», as asociacións denuncian o último caso dun cabalo «mutilado» en Domaio, por levar longo tempo unha pexa nunha das patas dianteiras, e lembran que son 121 as denuncias presentadas por malos tratos a cabalos desde 2011.
Tamén denuncia que, a pesar de existir unha normativa que obriga a identificar estes animais, «máis de 70 por cento do gando equino continúa a ser «fantasma», o que favorece situacións de malos tratos como a colocación das coñecidas como pexas e até cadeas nas patas dos animais».
Finalmente subliña que «é a falta de interese da Xunta por facer cumprir a lexislación a que motivou unha denuncia perante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, xa que a orixe do decreto sobre identificación do gando equino é a Unión Europea». EFEverde




![STO15. LULEA (SUECIA), 12/06/2013.- Vista general del centro de datos de Lulea, durante la visita al primer centro de datos de Facebook fuera de Estados Unidos en Lulea, a unos 900 km de Estocolmo, Suecia hoy, miércoles 12 de junio de 2013. Facebook ha elegido este lugar por su cercanía al Ártico y su acceso a la hidrofuerza y al aire frío del Norte, lo que mantendrá la temperatura de los miles de servidores utilizados para guardar la información de los usuarios, según la empresa. EFE/Susanne Lindholm ***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***[***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***]](https://efeverde.com/wp-content/uploads/2026/09/STO15-SUECIA-FACEBOOK-300x200.jpg)