O acordo implica que tanto Pontevedra como os 20 municipios adheridos ao servizo provincial de recollida do lixo destinen os seus residuos sólidos a esta planta, coa que se pretende ir avanzando cara ao obxectivo do 25% establecido pola normativa europea para 2020.
Louzán dixo que o acordo «é un camiño que non ten volta atrás» que permitirá «a curto e medio prazo» a mellora da calidade ambiental.
Lores sinalou que o proxecto «nace con bo pé» e destacou que ademais de Deputación e Concello, hai un acordo entre «comunidades de montes, veciños e asociacións ecoloxistas» para impulsar a iniciativa, que está aínda nunha fase inicial en que o ente provincial se encargará de empezar os estudos de viabilidade para que a instalación teña «todas as garantías técnicas, económicas e ambientais».
Non están determinadas de momento que capacidade terá a planta, a tecnoloxía que usará ou o investimento, nin tampouco os terreos en que se situará, tarefa esta última que tratará o concello. EFEverde




