#Ganadería en #RedNatura2000. Foto: Arturo Larena para Life Infonatur 2000 de @EFeverde la Agencia EFE y Gobex

Recurso de archivo EFEverde

Explotacións gandeiras

Magrama publica as bases reguladoras sobre avais para o acceso a préstamos

Publicado por: Redacción EFEverde 28 de julio, 2015 Santiago de Compostela

Madrid (EFEverde Galego).- O Goberno publica hoxe no BOE a Orde AAA/1537/2015 do 27 de xullo que establece as bases reguladoras e convoca subvencións destinadas á obtención de avais de Saeca por titulares de explotacións gandeiras que garantan préstamos para financiar as súas explotacións.

 

Desta forma, o Magrama subvencionará o custo do aval, para créditos de ata 25.000 euros por titular de explotación ou por compoñente de entidade asociativo, e cuxo prazo de amortización non supere os cinco anos, podendo incluírse un ano de carencia.

A dotación máxima para sufragar estas medidas será de 1.608.281 euros para todo o período de vixencia dos avais, que se financiarán con cargo aos Presupostos Xerais do Estado -concreta a orde- distribuídos nas seguintes anualidades: 577.500 euros para 2015; 402.500 para 2016; 309.115 para 2017; 211.061 para 2018; e 108.105 euros para 2019. EFE

gm/am

Secciones : Galego
Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.