EFEverde
EFEVERDE EN GALEGO

A maior parte do lixo das praias galegas é plástico

Investigadores do Instituto Español de Oceanografía, xunto á asociación ambiental Ollamar, publicaron na revista Sciencia Marina os resultados dunha década de seguimento do lixo de tres praias: A Lanzada, en Pontevedra, e Baldaio e O Rostro, na Coruña.

Para avaliar a situación do lixo mariño en praias da costa, investigadores do Centro Oceanográfico de Vigo, do IEO, ademais do colectivo ambiental, acometeron unha serie de mostraxes estacionais nos tres areais.

Desde 2001 a 2010 foron levadas a cabo 79 mostras e recolléronse un total de 45.707 obxectos. Con diferenza, a composición maioritaria do lixo foi plástico, 83 por cento dos refugallos no Rostro; 63 na Lanzada e a porcentaxe é menor en Baldaio, 38.

Mentres, o plástico, o papel, o cartón e os residuos sanitarios supoñen 94 por cento do lixo das tres praias.EFEverde en Galego

av

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.