Os especialistas desprazáronse ao Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña para participar na conferencia que ten como eixe central a «Sustentabilidade nun océano cambiante».
O programa científico responde á estratexia principal do ICES, que é crear un sólido alicerce científico que permita unha comprensión integrada dos ecosistemas con dezasete relatorios.
As sesións cubrirán diferentes temáticas, desde a biodiversidade do Ártico sometida á mudanza climática e outros factores de estrés, até a aplicación do coñecemento científico a unha acuicultura baseada en ecosistemas ou a información para implementar políticas mariñas combinando indicadores ecosistémicos e sociais con cálculos de stocks.
A secretaria xeral do ICES, Anne Christine Brusendorrf, explicou hoxe na presentación do evento que é a cuarta ocasión en que esta conferencia se realiza en España despois de visitar Madrid, Santander e Bilbao.
Engadiu que a súa entidade «se dedica á sustentabilidade de nosos os océanos» e agora celebra este congreso para «pór ao día os coñecementos do último ano de investigacións».
Esta ocasión é «moi especial» porque o Instituto Español de Oceanografía (IEO) fixo no día 16 de abril os seus primeiros cen anos de vida. EFEverde




