EFE/José Méndez
EFEverde en Galego

Medio Ambiente destina 100.000 euros en axudas polos danos do lobo

O importe das axudas por supostos de morte establécense segundo un baremo no referente á especie, clase e idade, mentres que, no caso de animais feridos, a axuda estimarase en función dos gastos veterinarios.

A Xunta informou nun comunicado de que unha das novidades deste ano é o incremento de 30 % cando afecte explotacións dos municipios incluídos na zona 1 do Plan de Xestión do Lobo en Galicia, que se prevén como os máis afectados.

O lobo é unha especie cunha poboación importante en Galicia, que, xunto con Asturias e Castela e León, contabilizan a práctica totalidade das poboacións deste cánido na península Ibérica. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.