Nunhas declaracións á EFE, o deputado delegado de Vías e Obras, Manuel Martínez, confirmou que neses tres municipios o grosor da neve chegou a uns vinte centímetros nas estradas provinciais, polo que o dispositivo de emerxencias está a traballar «desde as seis da mañá» para deixar expedita a rede viaria.
Martínez confirmou que están traballando na montaña de Lugo máis de sesenta operarios, con dez máquinas quitaneves, dez tractores e doce todoterreos con cuñas e varios vehículos de apoio.
O seu traballo está a se centrar nos municipios de Becerreá, A Fonsagrada, O Incio, As Nogais, O Courel, Pedrafita, Ribas de Sil, Quiroga, Cervantes, Navia de Suarna, Samos e Negueira de Muñiz.
O responsable de Vías e Obras recoñeceu que a intensa nevarada que caeu durante toda a noite, desde onte á tarde, «sorprendeu» pola «cantidade» de neve que deixou en toda a comarca da Montaña, mais confía en que a rede viaria fique limpa ao longo da xornada. EFEverde en Galego
jrr/jl




