O maior organismo público de investigación en España, que conta en Galicia con cinco centros de investigación e a súa correspondente delegación institucional, articulará os actos da efeméride na Comunidade Autónoma ao redor da exposición «CSIC: 75 anos investigando ao servizo da sociedade», que se inaugurará no Hostal dos Reis Católicos no vindeiro 3 de novembro.
Nunha conferencia de prensa, o coordinador institucional do centro en Galicia, Eduardo Pardo de Guevara, explicou que, ademais, foron organizados ciclos de conferencias sobre temas como «Micro e nanoelectrónica para a almacenaxe da información», «Poden os científicos solucionar problemas ambientais», «Que é conservar a natureza no século XXI?» ou «A ecoloxía mariña: As luras xigantes».
Referidas a Galicia, tamén haberá disertacións sobre «Os incendios forestais, a Marea negra nos montes de Galicia», a cargo do investigador científico do CSIC no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia Serafín González Prieto; e , por Antonio de Ron Pedreira, profesor de investigación do CSIC na Misión Biolóxica de Galicia. EFEverde




