EFEverde en Galego

O DOG regula a tempada de caza, que autoriza captura cabra montesa no Xurés

Publicado por: Redacción EFEverde 23 de mayo, 2014

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a regulación da próxima tempada de caza, que inclúe como novidade a autorización da captura de cabra montesa no Parque Natural do Xurés.

Esta norma regula os períodos hábiles de caza, as especies que se poderán cazar, os métodos autorizados e as limitacións xerais ou particulares na tempada 2014-2015.

A resolución establece que o período hábil para exercer a caza será, con carácter xeral, de 19 de outubro a 6 de xaneiro de 2015 e os días da semana en que se permitirá cazar dependerán de que se trate dunha ou outra das modalidades de caza maior ou menor.

Para a próxima tempada autorízase por primeira vez a caza de cabra montesa nos territorios cinexéticos do parque natural Baixa Limia Xurés, unha decisión que causou polémica cando foi sabido entre colectivos naturalistas, xa que a especie foi reintroducida nesta zona hai menos dunha década.

Alén diso, a norma sinala que, en consonancia coa nova lei de caza, inclúese a posibilidade dunha xestión cinexética en vedados de caza por razóns de tipo técnico, de seguridade, científicas, sanitarias ou sociais.

Con respecto á caza por danos, no caso do lobo mantéñense as normas para a concesión de batidas e esperas e, sobre o xabaril, para reducir os danos producidos pola especie, di a Consellería, poderanse tamén autorizar estas modalidades e tamén monterías. EFEverde

Secciones : Actualidad Galego
Temas :
Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.

Descubre más desde EFEverde

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo