O galardón, da revista MIT Technology Review, a publicación do Instituto Tecnolóxico de Massachusets (MIT), celebra este ano a cuarta edición e nela distingue os dez tecnólogos españois máis brillantes, informa a UDC nun comunicado.
Trátase de seis homes e catro mulleres con idades entre os 28 e 34 anos aos que o MIT quixo recoñecer a súa «ousadía e enxeño».
Esta edición premiou avances en xenómica, microrobótica, biomedicina, big data, almacenaxe de CO2, novos materiais, neuroimaxe e aplicacións educativas, entre outros campos.
Gómez, de 34 anos, crea métodos computacionais que poden predicir como evolucionará o cancro de próstata en cada paciente a partir dunha serie de modelos matemáticos. EFEverde




