O acusado negou a autoría dos feitos na vista oral, que se celebrou onte na Audiencia Provincial de Lugo, mentres que o seu avogado, Iván Torres, insistiu en que a causa contra el se fundamentaba «nas declaracións tomadas a unha persoa que é prácticamente analfabeta, que non sabe ler nin escribir, e que asinou o que o puxeron diante».
O fiscal solicitaba para o acusado unha pena de tres anos e tres meses de cárcere, así como que aboase á Xunta de Galicia os 823 euros que custou a extinción de ambos os dous incendios e unha multa de 3.840 euros, a razón de 8 euros por día durante 16 meses. EFE
jrr/am




