O Centro Oceanográfico da Coruña e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) abriron esta mostra que fai un repaso polo pasado, presente e futuro do Instituto Español de Oceanografía (IEO).
A exposición estará no castelo de Santa Cruz, sede do CEIDA, ata o vindeiro 28 de febreiro de 2015 en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres de 11:00 a 14:00 horas os sábados, con entradas gratuítas.
Na mostra exhíbense distintos instrumentos utilizados habitualmente na toma de mostras nos barcos e tamén hai aparellos de laboratorio de todas as etapas do IEO.
Hai corais de auga fría, estrelas de mar, ourizos e moluscos entre outros animais mariños como as esponxas ou as mandíbulas dunha quenlla, segundo detallan desde a organización nun comunicado. EFEverde




