Nesta ocasión, as alertas sanitarias afectan tres núcleos de poboación da zona rural e trece rúas completas do núcleo urbano, aínda que ningunha delas está situada no centro histórico da cidade e son vías menos poboadas que as avenidas e roldas que estiveron en situación de alarma na semana pasada.
No referente ás demais alertas sanitarias decretadas na xornada de hoxe, son puntos concretos dentro do núcleo urbano da cidade de Lugo, mais non fan referencia xa a rúas completas. EFEverde




