O presidente do comité de empresa, Julio López, confirmou que o acordo foi posible porque a patronal aceptou prorrogar o actual convenio colectivo até decembro de 2015, de forma que non se aplicarán as condicións de «flexibilidade» laboral que pretendía impor a empresa nos horarios do cadro de persoal.
Igualmente, pactouse unha «pequena suba salarial para o próximo ano», que se negociará ao inicio dese exercicio e ficará consolidada, e unha puntual para compensar o ano e medio que leva o citado convenio colectivo en proceso de negociación.
Na fábrica da multinacional Vestas no lugar de Chavín traballan actualmente 244 persoas. EFEverde




