EFEverde.- A Consellería de Medio Ambiente anunciou hoxe a apertura oficial do período autorizado para a pesca de anguía na desembocadura do río Ulla.
O período de pesca abrirase mañá e prolongarase até 30 de outubro en tres zonas delimitadas especificamente polo citado departamento da Xunta, segundo un comunicado.
A renovación dese tipo de pesca establece que deberá ser capturada mediante un tipo de nasa específico, que será “revisada e erguida diariamente”, precisa a Xunta.
Engade que o límite de capturas para toda a tempada será de 5.176 quilogramos para un total de dezaoito embarcacións e un máximo de 73 tripulantes. EFEverde