Segundo informou este colectivo nun comunicado, «posteriormente, levaron a árbore nun camión e ocultaron o lugar que ocupaba con terra e pedras».
Por iso, esta «mesma mañá», os membros de plataforma formularon «a correspondente denuncia ante a Garda Civil por un presunto delito de quebrantamento de medida preventiva».
Para apoiar esta denuncia, a plataforma presentou fotografías, que «reflicten o lugar, tanto antes coma despois da eliminación da árbore».
«A Plataforma Sarriana polo Río móstrase asombrada e indignada polo absoluto desprezo pola legalidade vixente que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil veu mostrando en todo este asunto do proxecto de condución, que agora chega ao extremo de incumprir a medida preventiva acordada polo Xulgado con respecto á paralización da corta das árbores», indica o colectivo nun comunicado.
De feito, engade que parece evidente que a Confederación Hidrográfica segue disposta a ignorar e a desprezar non só a lei, senón tamén as resolucións xudiciais. EFEverde en Galego




