Un dos portavoces desa plataforma, Roberto Irimia, dixo que resulta «positivo» que polo menos parte dos representantes da CHMS accedesen a «reunirse» con estes veciños, afectados polo proxecto de condución do río Sarria, cuxa execución supón un investimento que supera os tres millóns de euros nunha primeira fase.
«Polo menos escoitáronnos e apuntaron as nosas propostas», dixo Irimia, quen en todo o caso prefire non falar de momento «dun cambio de actitude», porque aínda non se sabe se «as posibilidades» de que as súas «propostas sexan levadas a cabo son reais».
Nese sentido, afirmou que «a intención de diálogo foi boa», mais «hai que ser moi cautos» e «non botar as campás a voar».
Entre tanto, os membros da plataforma continuarán «acampados» na illa que forma o río ao seu paso pola localidade «á espera de noticias».
En calquera caso, tamén informou de que, como mostra desa vontade de chegar a un acordo, a plataforma tamén comunicou á CHMS que os seus membros non se oporán a que a empresa concesionaria da obra comece a traballar naquelas partes do proxecto que non son motivo de polémica. EFEverde en Galego
1011162
jrr/jl




